ESTREA O CORPO ABERTO
O próximo 9 de decembro estrearase en cines "O CORPO", dirixida por Ángeles Huerta e protagonizara por Tamar Novas, María Vázquez e Victória Guerra.
A película participou recentemente na 60 edición do FICX - Festival Internacional de Cine de Xijón, onde recibiu o premio á Mejor Película Asturiana. A cinta participara previamente na Semana Internacional de Cine de Valladolid - Seminci, no Ourense Film Festival (OUFF) e en MotelX, Festival Internacional de Cine de Terror de Lisboa, entre otros.
O Corpo Aberto é unha longametraxe de terror folk escrita pola propia directora xunto a Daniel D. García e baséase nun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín, un dos autores máis importantes e representativos da nosa literatura contemporánea.
Narra a historia dun mestre que, a principios do século XX, recibe como primeiro destino Lobosandaus, unha pequena localidade da "raia seca", na fronteira entre Galicia e Portugal. Nada máis chegar percibirá como o misterio e a morte conviven con naturalidade na vida cotiá da poboación deste estraño e abrupto lugar. Pero o profesor enfrontarase, desde o racionalismo e a ciencia, a unha crenza común da poboación local: o espírito dos mortos pode manifestarse e permanecer entre eles ao habitar outros corpos.
Os límites, as "raias" ou liñas que separan o mundo dos mortos e dos vivos, o xénero, a identidade ou o poder evocador da tradición e o folclore serán algúns dos eixos que atravesen a película.
Sinopse:
1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, una aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos paixonais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da vila libera a un espírito libre en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.
O Corpo Aberto, que conta coa banda sonora da música galega Mercedes Peón, rodouse integramente no Xurés-Gêres, entre as aldeas portuguesas de Tourem y Pitoes, na freguesía de Montalegre; e nos concellos galegos de Muíños, Lobeira e Calvos de Randín, na provincia de Ourense.
É unha coprodución hispanolusa entre as compañías OlloVivo (Galicia), Fasten Films (Cataluña) e Cinemate (Portugal) e conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do Goberno de España a través do Instituto da Cinematografía e Artes Visuais (ICAA). A longametraxe conta tamén coa participación de RTVE e Televisión de Galicia, e será distribuído por Filmax nacional e internacionalmente.
O CORPO ABERTO estrearase
en cines o 9 de decembro distribuída por FILMAX