Asociacións
ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO DE LOBEIRA
Asociación de Veciños de San Xoán de Sabariz
Asociación de Veciños de Baldemir
Asociación de Mulleres e Familias Rurais “Val do Limia”
Asociación de Veciños “A Canle”
Asociación de Veciños de Tedós
Asociación de Veciños de Facós
Asociación de Veciños de Santa Cristina
Asociación de Veciños de Parada do Monte
Agrupación e Centro de Iniciativas “San Xés”
REQUISITOS PARA A CREACIÓN DUNHA ASOCIACIÓN
- Facer os estatutos (o Concello prestará a súa axuda a quen o solicite a través da AEDL).
- Solicitude de inscrición da Asociación:
* Identificación do solicitante, sinatura, NIF e cargo que ocupa na Asociación.
* Descrición da documentación que xunta e petición que formula: Instancia dirixida á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da provincia correspondente, asinada pola persoa designada a tal efecto na acta de Asemblea Extraordinaria ou polo representante da Asociación, segundo os estatutos (modelo que atoparán no Concello ou na Consellería).
- Acta fundacional por duplicado exemplar, na que se identifique a todos os promotores e se especifique o lugar e data do seu outorgamento. Na acta débense recoller as sinaturas orixinais de todos os promotores, a súa vontade de constituír unha asociación e designarse os órganos de goberno (modelo que atoparán no Concello ou na Consellería).
- Dous exemplares dos estatutos asinados en todas as follas con sinaturas orixinais dos promotores.
- Documentación acreditativa da personalidade:
* Se os promotores son persoas físicas, deberán remitir copia do DNI.
* Taxa. Segundo a lexislación orzamentaria vixente (actualmente, 34´01 €).
Para máis información poden dirixirse ao Concello de Lobeira, a través do servizo de AEDL (988 458 522), ou á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Ourense (988 386 412).