Saúdo do Alcalde
É para min un orgullo, como Alcalde do Concello de LOBEIRA, darlles a benvida a esta páxina que desexa ser o punto de encontro entre a Administración e os veciños.-
Desexo que empreguen este servizo para a súa información e tamén para formularen suxerencias que, non o dubiden, procurarei que sexan todas atendidas.-
Aqueles que, por circunstancia da vida, tiveron que ausentarse e hoxe forman parte de comunidades no estranxeiro, agardo que atopen aquí un consolo, mirando as novas que a cotío lles iremos renovando.-
En nome da Corporación que me honro en representar, reciban unha forte aperta do seu Alcalde.-
Antonio Iglesias Álvarez