Firma convenio para fomentar o mantemento e conservación da contorna agroforestal
Ven, 11/12/2020 - 09:31
Esta Alcaldía ven de asinar un convenio coa Deputación Provincial de Ourense, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Consellería de Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, para fomentar o mantemento e conservación da contorna agroforestal, mediante a dotación de medios técnicos, para a adquisición dun tractor e dous apeiros desbrozadores, cun orzamento superior aos CENTO VINTE MIL (120.000,00) EUROS.-
LOBEIRA, 11 de decembro de 2020.-