MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024, NO CONCELLO DE LOBEIRA
MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024, CAMIÑO NOGUEIRA O SOUTO E NOGUEIRA- SOUTO- CARBALLAL
Actuación camiño Nogueira – Souto : cunha lonxitude total de 462,00 m e unha anchura variable de 3,20 m e 3,00 m. Levouse a cabo a mellora da capa de rodaxe previo barrido de firme e bacheo con pedra 32/63 e rega de 2kg/m2 C65B3TRG e posterior pavimentación con tratamento superficial 2,0 kg/m2 C65B3TRG e tratamento de selado con 1,5 kg/m2 C65B3TRG.
Actuación camiño Nogueira – Souto – Carballal: cunha lonxitude total de 1.800,00 m e unha anchura de 3,60 m. Levouse a cabo a mellora da capa de rodaxe previo barrido de firme e bacheo con pedra 32/63 e rega de 2kg/m2 C65B3TRG e posterior pavimentación con tratamento superficial 2,0 kg/m2 C65B3TRG e tratamento de selado con 1,5 kg/m2 C65B3TRG.
Para rematar a actuación realizouse unha limpeza de cunetas con retroescavadora nos puntos quilométricos detallados nos planos e nas medicións de este proxecto.
Ditas actuacións están financiadas pola Unión Europea