REDE DE ABASTECEMENTO EN SABARIZ CONCELLO DE LOBEIRA
Ao abeiro da RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A) (DOG, núm. 56 do mércores, 24 de marzo de 2.021), o Concello de Lobeira realizou a obra “Rede de abastecemento en Sabariz, Concello de Lobeira”.-
Esta actuación cun investimento aprobado de 50.000,00 € recibiu unha axuda de 39.950,00 € e, foi financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo feder Galicia 2014-2020.-