REHABILITACIÓN DO FORNO DE TABOAZAS (Taboazas), INCLUÍDO NO PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DE ELEMENTOS CON VALOR ETNOGRÁFICO DO CONCELLO DE LOBEIRA
Ao abeiro Orde do 31 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2020 e 2021, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT819A) (DOG no 29 do 12 de febreiro de 2020), o Concello de Lobeira realizou a obra de “REHABILITACIÓN DO FORNO DE TABOAZAS (Taboazas), INCLUÍDO NO PROGRAMA DE RECUPERACIÓN DE ELEMENTOS CON VALOR ETNOGRÁFICO DO CONCELLO DE LOBEIRA”.-
Este investimento cun orzamento aprobado de 37.520,67 €, correspondente ó 100% do orzamento total sen IVE, recibiu unha axuda de 37.520,67 euros, e foi financiada integramente polo Programa de desenvolvemento Rural de Galicia (PDR), cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75%.-
Esta actuación atópase dentro das actividades subvencionables, que figuran na antedita Orde, por tratarse de actuacións dirixidas á recuperación de elementos patrimoniais ou culturais representativos e necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional.-
Coa rehabilitación de la edificación conséguese un dobre obxectivo o de rehabilitar edificacións do patrimonio municipal que se atopan nun estado tan pésimo que fai imposible seu uso, e por outra banda cóbrese unha necesidade da poboación desta parroquia ó dotala dun local para uso de Forno.-